Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34640

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO de información pública sobre expediente de declaración de fóra de ordenación da edificación auxiliar destinada a cetarea e o recoñecemento da dita actividade en Galiñáns (Lores).

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente de declaración de fóra de ordenación da edificación auxiliar destinada a cetarea e o recoñecemento da devandita actividade, tramitado por instancia de Purificación Rosal Méndez e Emiliano Martínez Aguín, no lugar de Galiñáns nº 15, parroquia de Lores, de modo que durante un prazo de vinte días, contados a partir da última publicación no BOP ou no DOG, poderán presentarse alegacións en relación coas solicitudes formuladas e consultar os expedientes en horario de oficina.

Meaño, 2 de agosto de 2012

Jorge Domínguez Rosal
Alcalde