Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación do acordo da procedencia de reintegro dunha axuda pola contratación indefinida de mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, regulada na Orde do 25 de maio de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 104, do 31 de maio) relativa ao expediente TR347H 2007/193-1.

Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 6 de agosto de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347H 2007/193-1.

Nome ou razón social: Grimal Wares, S.L.

DNI/NIF: B70003892.

Último enderezo coñecido: estrada Alta do Porto, 18, baixo esquerda, 15401 Ferrol (A Coruña).

Data da resolución: 6.7.2012.

Contido da resolución: declarar a procedencia de reintegro da axuda.