Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de varias axudas para o fomento da contratación indefinida inicial de mozos e mozas desempregados, reguladas na Orde do 29 de maio de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 108, do 6 de xuño), relativa aos expedientes TR347D 2007/162-1 e dous máis.

Unha vez intentada a notificación destas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles ás persoas interesadas o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas as persoas interesadas poden interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 6 de agosto de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2007/162-1.

Nome ou razón social: José Luis Pérez Iglesias.

DNI/NIF: 33270042-J.

Último enderezo coñecido: travesía do Pedregal, 15-3, 1º B, Bertamiráns, 15220 Ames (A Coruña).

Data da resolución: 5.7.2012.

Contido da resolución: declarar a procedencia de reintegro da axuda

Nº de expediente: TR347D 2007/220-1.

Nome ou razón social: José Daniel Barbeito Caamaño.

DNI/NIF: 32782856.J.

Último enderezo coñecido: lg. da Brexa 2, 15182 Carral (A Coruña).

Data da resolución: 5.7.2012.

Contido da resolución: declarar a procedencia de reintegro da axuda .

Nº de expediente: TR347D 2007/258-1.

Nome ou razón social: Cafeterías Gallaecia, S.L.

DNI/NIF: B15893589.

Último enderezo coñecido: ps. Ribeira, 15920 Rianxo (A Coruña).

Data da resolución: 5.7.2012.

Contido da resolución: declarar a procedencia de reintegro da axuda.