Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos correspondentes a diversos expedientes do ano 2012.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relacionan a continuación:

– Expediente 2012.1.CTB.A.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de combustible de calefacción, gasóleo C, a centros dependentes da consellería, mediante un acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita.

c) Diario Oficial de la Unión Europea do 29 de decembro de 2011. Diario Oficial de Galicia número 1, do 2 de xaneiro de 2012, e Boletín Oficial del Estado do 9 de xaneiro de 2012.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: dous millóns douscentos oitenta mil trescentos sesenta euros con sesenta céntimos de euro (2.280.360,60 euros) máis catrocentos dez mil catrocentos sesenta e catro euros con noventa e un céntimos de euro (410.464,91 euros) en concepto do imposto sobre o valor engadido (en diante IVE) a un tipo do 18 %, do que resulta un total de dous millóns seiscentos noventa mil oitocentos vinte e cinco euros con cincuenta e un céntimos de euro (2.690.825,51 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 4 de abril de 2012.

b) Contratista: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: a empresa ofertou un desconto por lote nos seguintes termos:

Lote 1: centros localizados na provincia da Coruña, oferta económica-desconto ata 6 decimais sobre o prezo semanal publicado no Boletín do Petróleo da CE para o gasóleo de calefacción en España, impostos excluídos: 0,0459 euros.

Lote 2: centros localizados na provincia de Lugo, oferta económica-desconto ata 6 decimais sobre o prezo semanal publicado no Boletín do Petróleo da CE para o gasóleo de calefacción en España, impostos excluídos: 0,0429 euros.

Lote 3: centros localizados na provincia de Ourense, oferta económica-desconto ata 6 decimais sobre o prezo semanal publicado no Boletín do Petróleo da CE para o gasóleo de calefacción en España, impostos excluídos: 0,0419 euros.

Lote 4: centros localizados na provincia de Pontevedra, oferta económica-desconto ata 6 decimais sobre o prezo semanal publicado no Boletín do Petróleo da CE para o gasóleo de calefacción en España, impostos excluídos: 0,0449 euros.

6. Formalización: 30 de abril de 2012.

– Expediente: 2011.04.PE.A.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a coordinación, xestión e seguimento da execución do Proxecto NACCE, que se concretará, entre outras accións, na realización de actividades formativas, dinamizadoras, estudos e organización de diversos foros, no marco do proxecto NACCE, cofinanciado polo Programa de cooperación transfronteiriza España- Portugal 2007-2013.

c) Publicación: Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo de 2012.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: cento trece mil catrocentos seis euros con oitenta céntimos de euro (113.406,80 euros), máis vinte mil catrocentos trece euros con vinte céntimos de euro (20.413,20 euros), en concepto de IVE, o que supón un total de cento trinta e tres mil oitocentos vinte euros (133.820,00 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 26 de xuño de 2012.

b) Contratista: Femxa Formación, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: oitenta e seis mil catrocentos noventa e seis euros con setenta e un céntimos de euro (86.496,71 euros), máis quince mil cincocentos sesenta e nove euros con corenta e un céntimos de euro (15.569,41 euros), en concepto de IVE, do que resulta un total de cento dous mil sesenta e seis euros con doce céntimos de euro (102.066,12 euros).

6. Formalización: 28 de xuño de 2012.

– Expediente 2012.05.RL.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de divulgación, asesoramento e deseño de estratexias en materia de comercialización e internacionalización do sector cooperativo no marco do Proxecto Coopera +, cofinanciado polo Programa de Cooperación Territorial España-Portugal 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: corenta e catro mil sesenta e sete euros con setenta e oito céntimos de euro (44.067,78 euros), máis sete mil novecentos trinta e dous euros con vinte e dous céntimos de euro (7.932,22 euros) en concepto do imposto sobre o valor engadido (IVE), a un tipo do 18 %, o que fai un total de cincuenta e dous mil euros (52.000,00 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 29 de xuño de 2012.

b) Contratista: Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincuenta e un mil cincocentos sesenta e seis euros (51.566,00 euros, IVE incluído).

6. Formalización: 2 de xullo de 2012.

– Expediente 2012.06.RL.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de dinamización do emprendemento cooperativo no marco do Proxecto Coopera +, cofinanciado polo Programa de Cooperación Territorial España-Portugal 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: corenta e catro mil novecentos quince euros con vinte e cinco céntimos de euro (44.915,25 euros), máis oito mil oitenta e catro euros con setenta e cinco céntimos de euro (8.084,75 euros) en concepto de imposto sobre o valor engadido (IVE), a un tipo do 18 %, o que fai un total de cincuenta e tres mil euros (53.000,00 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 29 de xuño de 2012.

b) Contratista: Foro Galego de Formación e Edicións, S.L.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: corenta e catro mil novecentos cincuenta e oito euros (44.958,00 IVE incluído).

6. Formalización: 2 de xullo de 2012.

– Expediente 2012.07.RL.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización de estudos sobre o emprego cooperativo no marco do Proxecto Coopera +, cofinanciado polo Programa de Cooperación Territorial España-Portugal 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: cincuenta mil catrocentos corenta euros con sesenta e oito céntimos de euro (50.440,68 euros), máis nove mil setenta e nove euros con trinta e dous céntimos de euro (9.079,32 euros), en concepto de IVE, a un tipo do 18 %, o que fai un total de cincuenta e nove mil cincocentos vinte euros (59.520,00 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 26 de xuño de 2012.

b) Contratista: Econet, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: corenta e seis mil catrocentos vinte euros (46.420,00 euros IVE incluído).

6. Formalización: 2 de xullo de 2012.

– Expediente 2012.10.FC.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización do mantemento da Plataforma hardware e software Oracle da Subdirección Xeral de Colocación da Consellería de Traballo e Benestar.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade por exclusividade.

4. Orzamento base de licitación: trinta e seis mil cincocentos trinta e cinco euros con noventa e oito céntimos de euro (36.535,98 euros), máis seis mil cincocentos setenta e seis euros con corenta e oito céntimos de euro (6.576,48 euros), en concepto de IVE (18 %), do que resulta un total de corenta e tres mil cento doce euros con corenta e seis céntimos de euro (43.112,46 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 8 de xuño de 2012.

b) Contratista: Oracle Ibérica, S.R.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta e seis mil cincocentos trinta e cinco euros con noventa e oito céntimos de euro (36.535,98 euros), máis seis mil cincocentos setenta e seis euros con corenta e oito céntimos de euro (6.576,48 euros), en concepto de IVE, do que resulta un total de corenta e tres mil cento doce euros con corenta e seis céntimos de euro (43.112,46 euros).

6. Formalización: 14 de xuño de 2012.

– Expediente 2012.12.FC.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización dos traballos de apoio á Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar para a realización da 5ª convocatoria das probas de avaliación de competencias clave.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade por exclusividade.

4. Orzamento base de licitación: corenta e seis mil trescentos setenta e catro euros e corenta e oito céntimos de euro (46.374,48 euros), máis tres mil setecentos nove euros e noventa e seis céntimos (3.709,96 euros), en concepto de IVE (8 %), o que supón un total de cincuenta mil oitenta e catro euros e corenta e catro céntimos (50.084,44 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 4 de abril de 2012.

b) Contratista: Fundación Semana Verde de Galicia.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: corenta e seis mil trescentos setenta e catro euros con corenta e oito céntimos de euro (46.374,48 euros), máis tres mil setecentos nove euros con noventa e seis céntimos de euro (3.709,96 euros), en concepto de IVE, do que resulta un total de cincuenta mil oitenta e catro euros con corenta e catro céntimos de euro (50.084,44 euros).

6. Formalización: 4 de abril de 2012.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar