Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34085

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1188/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1188/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Rodríguez Castro contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Autos 1188/2011.

Na cidade da Coruña o 1 de agosto de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de Juan Manuel Rodríguez Castro, que comparece representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta por Juan Manuel Rodríguez Castro contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 14.10.2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade, salvo erro ou omisión, de quince mil catrocentos setenta e cinco euros e corenta e tres céntimos (15.475,43 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a doce mil douscentos noventa e seis euros e doce céntimos (12.296,12 €).

Así mesmo, absólvese o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria conforme o artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptiva para interpoñer recurso, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de agosto de 2012

A secretaria xudicial