Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (253/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento 253/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tamara García Álvarez contra a empresa Belleza Santiago, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 350/2012.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2012.

Susana Villarino Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 253/2012, promovidos perante este xulgado do social, sobre despedimento, por instancia de Tamara García Álvarez, asistida e representada polo letrado Francisco Javier Iglesias Calvo contra a empresa Belleza Santiago, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que comparece asistido e representado pola letrada Eva Abajo Lera, ditou a presente sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a demanda de despedimento presentada por Tamara García Álvarez contra Belleza Santiago, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado con data de efectos do 11 de febreiro de 2012 e, dada a imposibilidade de readmisión, tense por efectuada a opción pola indemnización e declárase extinguida a relación laboral entre as partes na data da presente resolución, con condena á empresa Belleza Santiago, S.L., a aboar á demandante 2.393,29 euros, en concepto de indemnización, e 3.602,66 euros, en concepto de salarios de tramitación. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación logo de consignación en depósito da cantidade de 300 euros e no caso da empresa condenada, do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Belleza Santiago, S.L., expido e asino este edicto. Dou fe.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2012

A secretaria xudicial