Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación de proposta de resolución dun expediente sancionador por infracción en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de xogo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, situado na avenida da Habana, núm.
79, 2º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Ourense, 31 de xullo de 2012

Luis Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expte.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Sanción proposta

Gil Vázquez Vázquez

34247993-G

OU-12/11

Art. 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro

R/ Camiño de Pipín, núm. 13, 1º. Lugo

3.000,01 €