Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33990

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baralla

ANUNCIO de información pública sobre construción dunha nave para gando vacún de carne en Vilasantán (Covas).

Amalia Tallón Valcárcel solicitou desta alcaldía licenza municipal para construción dunha nave para gando vacún de carne en Vilasantán, da parroquia de Covas deste municipio. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Baralla, 2 de agosto de 2012

Manuel Jesús González Capón
Alcalde