Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de mantemento e soporte do sistema Openlab para a xestión de laboratorios de microbioloxía e análises clínicas (NB-SER1-12-019).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: NB-SER1-12-019.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento e soporte do sistema Openlab para a xestión de laboratorios de microbioloxía e análises clínicas.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado.

4. Valor estimado del contrato: 361.386 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 180.693 euros. Importe total: 213.217,74 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22.6.2012.

b) Data de formalización del contrato: 16.7.2012.

c) Contratista: Nexus Information Tecnology, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 180.693 euros. Importe total: 213.217,74 euros.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2012

P.D. (Resolución 6.8.2012)
Paula Mª Camba Loureda
Subdirectora xeral de Compras e Servizos