Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33991

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO de información pública sobre construción de nave gandeira.

Pablo López Villarino solicitou neste concello licenza para a construción de nave gandeira na parroquia de Rebordaos.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días mediante anuncio no BOP de Lugo, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, para que os interesados poidan examinar o expediente na Secretaría do concello das 9 ás 14 horas, de luns a venres e, de ser o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos.

Este anuncio servirá de notificación, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou se ignore o seu paradoiro, ou ben, intentada a notificación, non se puidese practicar.

Castroverde, 20 de agosto de 2012

Xosé María Arias Fernández
Alcalde