Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33994

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sobrado

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para explotación equina e deportiva.

Javier González Fraga solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a legalización e ampliación dunha explotación equina e deportiva, situada no lugar do Marco das Pías-Codesoso; e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP e no DOG– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Sobrado, 20 de agosto de 2012

Jacobo Fernández García
Alcalde