Advertido un erro material no proxecto e nos pregos de condicións da licitación de referencia, que incide nos custos de persoal da Escola Infantil do Rebel, anúnciase que por Resolución da Alcaldía do día 17 de agosto de 2012 foron corrixidos ambos os dous documentos que se publican integramente no perfil do contratante (www.sanxenxo.es), o prezo de adxudicación pasa a 582.909,12 € sen IVE, en lugar dos 532.421,72 € publicados con anterioridade.
O novo prazo de presentación de ofertas de 15 días comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Sanxenxo, 17 de agosto de 2012
Catalina González Bea
Alcaldesa