Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33995

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tordoia

ANUNCIO de bases e convocatoria de proceso selectivo para cubrir unha praza vacante de auxiliar administrativo polo procedemento de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 146, do 2 de agosto de 2012, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de oposición libre, da seguinte praza incluída na oferta pública de emprego correspondente ao exercicio 2011, aprobada por Resolución da Alcaldía do 29 de decembro de 2011 e publicada no Diario Oficial de Galicia número 16, do 24 de xaneiro de 2012:

– Grupo: C; subgrupo: C2; nivel: 18; clasificación: escala de Administración xeral; subescala de auxiliar; denominación: auxiliar administrativo; número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do concello.

Tordoia, 2 de agosto de 2012

Amadeo Cancela Fariña
Alcalde en funcións do Concello de Tordoia