Por medio da Orde do 21 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 98, do 24 de maio), da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, fixáronse as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e realizouse a súa convocatoria para 2012.
Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Publicar como anexo as subvencións concedidas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2012
P.D. (Orde 21.5.2012, DOG número 98, do 24 de maio)
Miguel Rodríguez Bugarín
Drector xeral de Mobilidade
ANEXO
Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas
ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte,
ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte por estrada
en Galicia para 2012 (aplicación orzamentaria: 2012.07.04.512A.481.1)
Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios.
Fegatrans (G32400293) 50.361,49 €
Fegataxi (G15353543) 56.338,71 €
Urbanos (G70231121) 11.838,85 €
Fegatravi (G70209234) 43.161,69 €
Fegabus (V15086341) 16.589,23 €
Fetram (G32345670) 59.008,67 €
Galeval (G70037544) 3.896,80 €
Asetranspo (G36627719) 66.637,23 €
Transgacar (G15640808) 49.953,25 €
Fegatramer (G15086358) 142.140,38 €
Total 499.926,30 €