A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) publicou por Resolución do 26 de abril de 2012 (DOG núm. 84, do 3 de maio) a convocatoria dun curso superior de coordinación e xestión de emerxencias para organismos asociados ao CAE 112 Galicia, con 2 edicións.
Con posterioridade detectáronse erros que fan moi complicado o seu desenvolvemento de xeito satisfactorio, xa que a denominación que consta na convocatoria publicada no DOG do citado curso non se adapta nin ao contido nin aos destinatarios da actividade formativa.
A base número 12 da devandita convocatoria establece que a Agasp poderá suprimir o curso, ampliar novas edicións ou suspendelo temporalmente, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia.
En virtude disto, e con base as facultades que lle confire o artigo 12 da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, o director xeral da Agasp
RESOLVE:
Suprimir o curso superior de coordinación e xestión de emerxencias para organismos asociados ao CAE 112 Galicia, convocado por resolución do director xeral da Agasp do 26 de abril de 2012 (DOG núm. 84, do 3 de maio).
Contra esta resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderase interpor, no prazo dun mes, un recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).
A Estrada, 16 de agosto de 2012
José Carlos García Bouzas
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública