Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2012/28-2, 7997 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se citan:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: soterramento tramo LMTA Bretoña CT Centro Médico (14104)-CT Pastoriza (4784).

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas:

– LMTS con orixe nunha conversión aérea a soterrada situada nun apoio proxectado, entra e sae no CT prefabricado proxectado CTC Centro Médico e remata no CTC Pastoriza existente, cunha lonxitude de 420 metros de condutor tipo RHZ1-150.

– CTC Centro Médico, en edificio prefabricado tipo PFU-4, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– RBT con orixe no CT proxectado e final nas RBT existentes en condutor tipo RV, cunha lonxitude de 30 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 27 de xullo de 2012

P.A. (Artigo 39 do Decreto 324/2009)
Mª Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas