Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2012/47-2, 8016 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación Belesar 220 kV-Seteventos e trafo 220/132 kV 240 MVA.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

A actuación prevé a ampliación do parque blindado de 132 kV (expediente 7663 AT) con dúas novas posicións de protección de liña (central fotovoltaica Seteventos II e central fotovoltaica Seteventos III) e a substitución do autotransformador T-IV 60 MVA por un de 240 MVA.

As celas de 132 kV serán blindadas de interior con illamento en hexafloruro de xofre (SF6), de simple barra de marca Alston modelo F35/4, equipada cada unha con:

– 1 interruptor automático tripolar de corte en SF6, 1250, 31, 5 KA.

– 1 seccionador tripolar de barras con tres posicións: aberto, pechado e posta á terra para mantemento, 1.250 A.

– 3 transformadores de intensidade, 150-300/5-5-5-5 A.

– 3 transformadores de tensión 132.000:√3 /110:√3-110:√3-110:√3.

– 1 seccionador de posta á terra rápida, 1.250 A.

– 3 terminais enchufables cable illado SF6 para conexión a cable unipolar de illamento seco 76/132 kV.

Conexión entre o secundario do autotransformador de potencia 220/132 kV 240 MVA e a cela de protección do secundario do transformador (132 kV), realizarase mediante dúas ternas de cable illado RHE-2OL (S) 76/132 kV de aluminio 1.200 m2 de sección con pantalla de fíos de cobre de 165 m2 de sección, unha delas xa está tendida para a conexión do actual T-IV de 60 MVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 27 de xullo de 2012

P.A. (Artigo 39 do Decreto 324/2009)
Mª Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas