Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012041AL-PO, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 12 de xullo de 2012, a conselleira de Sanidade ditou a resolución do expediente sancionador 2012041AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra a entidade Naus Import Export, S.L.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Naus Import Export, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para presentar recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida presentar recurso de reposición ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e derradeiro do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA Transacción 1316 NIF S1511001H e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 3 de agosto de 2012

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2012041AL-PO.

Denunciada: Naus Import Export, S.L., con CIF B 36 993 764.

Último enderezo coñecido: rúa Romil, 69, oficina 17. 36211 Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 2.2.4.1, 2.2.4.4, 2.2.4.5 e 3.3.1.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigo 14 punto 3.b), artigo 17, artigo 18 e artigo 19 puntos 1 e 2 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigos 2 e 8 punto 1.a) do Real decreto 1712/1991, do 29 de novembro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos.

– Artigo 3, artigo 5 puntos 1, 2, 3 e 4 e artigo 6 do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigos 5 e 6 do Real decreto 1801/2003, do 26 de decembro, sobre seguridade xeral dos produtos.

– Artigos 5, 17 e 18 do Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, sobre as normas xerais de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción moi grave, segundo o artigo 35 letra C) 1ª e 2ª e letra B) 1ª, 2ª e 3ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade e segundo o artigo 43.c) e f) e o artigo 42.d) e e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción imposta: vinte e catro mil corenta euros e cincuenta e dous céntimos de euro (24.040,52 €).