Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2012 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión dun parque de cultivo na ría de Arousa, titularidade de Ángel Mariño Hermo.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión dun parque de cultivo e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Con data do 15.6.2012, Ángel Mariño Hermo, con NIF: 33230940-B, solicitou autorización para a transmisión da titularidade dun parque de cultivo con ocupación de 432 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. No expediente consta a seguinte documentación, referida ao resultado da información oficial:

– Resolución do 29 de marzo de 2006, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se fai público o outorgamento a Ángel Mariño Hermo da concesión para a posta en funcionamento e explotación dun parque de cultivo mariño e para a ocupación de 432 m2 de dominio público marítimo terrestre en Boiro (A Coruña).

– Resolución do 19 de abril de 2012, da Consellería do Mar, pola que se autoriza a ampliación de especies nun parque de cultivo mariño titularidade de Ángel Mariño Hermo (33230940-B), situado no sureste do illote de Insúa-Triñáns-Boiro (A Coruña).

– Informe técnico biolóxico do 26.6.2012, da Xefatura Comarcal de Ribeira da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade con la Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada poa Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de María Beatriz Rodríguez Silva (76967395-B), da concesión administrativa do parque que se indica a continuación:

Tipo: parque de cultivo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Localización: SW do illote de Insúa, Triñáns, Boiro, A Coruña.

Título habilitante: concesión.

Data de outorgamento: Resolución do 3.2.2006 (DOG nº 81, do 27 de abril).

Superficie dominio público: 432 m2.

Remate da vixencia: 23.2.2016.

Titular: Ángel Mariño Hermo (33230940-B).

Nova titular: María Beatriz Rodríguez Silva (76967395-B).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A nova titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da escritura pública. Transcorrido o prazo indicado sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, despois de comunicación por parte da consellería.

Segunda. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior concesionario.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 13 de xullo de 2012

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña