Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 31 de xullo de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación de expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación Fontela e Ribeiro, a favor dos veciños das Bouzas, parroquia de Macendo, no concello de Castrelo de Miño (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 4 de xullo de 2012, acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Castrelo de Miño.

Denominación do monte: Fontela e Ribeiro.

Comunidade veciñal solicitante: veciños das Bouzas, parroquia de Macendo.

Superficie total: 6,17 ha aproximadamente.

– Monte Fontela, superficie: 1,79 ha.

Lindes:

Norte: propiedades particulares pertencentes ao polígono 52, parcelas 228 (María Benilde Álvarez Méndez), 229 (Aquilino Álvarez Méndez), 230 (Amalia Álvarez Méndez) e propiedades particulares pertencentes ao polígono 53, parcelas 173 (Laudino Rodríguez), 60 (Castor Méndez Paz), 62 (Marina Iglesias Iglesias) e 64 (Rosa Álvarez Paz).

Sur: propiedade particular pertencente ao polígono 53, parcela 102, propiedad de Antonio Paz Pérez.

Leste: propiedades particulares pertencentes ao polígono 53, parcela 4000 (veciños de Macendo).

Oeste: propiedades particulares pertencentes ao polígono 53, parcelas 174 (Antonio Paz Paz), 158 (Albina Rodríguez Sousa), 3000 (Josefa González Álvarez), 44 (Rosa Álvarez Paz) e 2000 (veciños de Macendo).

– Monte Ribeiro, superficie: 4,38 ha.

Lindes:

Norte: propiedade particular pertencente ao polígono 54, parcela 2000, propiedade de Josefa González Álvarez.

Sur: monte veciñal en man común Ribeiro pertencente aos veciños de Casardeita.

Os límites entre o monte Ribeiro, pertencente aos veciños das Bouzas, e o monte Ribeiro, pertencente aos veciños de Casardeita, vén determinado pola liña imaxinaria que forman os seguintes puntos:

• Marco do Coio Branco, de coordenadas UTM: X: 578231,7455; Y: 4683071,7845.

• Marco Intermedio, de coordenadas UTM: X: 578413,6153; Y: 4683237,2264.

• Pozo do Ribeiro, de coordenadas UTM: X: 578675,5482; Y: 4683475,4993.

Leste: propiedades pertencentes ao polígono 55, parcela 5000 (veciños de Macendo).

Oeste: propiedades particulares pertencentes ao polígono 54, parcela 2000 (Josefa González Álvarez).

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 31 de xullo de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense