Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 31 de xullo de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación de expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación Castineira e Nabás, a favor dos veciños de Saa, parroquia de Sadurnín, no concello de Cenlle (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 4 de xullo de 2012, acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Cenlle.

Denominación do monte: Castiñeira e Nabás.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Saa, parroquia de Sadurnín.

Superficie total: 130.708 m2 aproximadamente.

– Monte Castiñeira, superficie: 81.848 m2.

Lindes:

Norte: propiedades particulares pertencentes a Maruja Gómez, Antonia Soto, Luis Soto, Manuel Soto Durán e Carmen Durán.

Sur: propiedades particulares pertencentes a Manuela Villanueva, Arturo Marzoa, Carmen Durán, hros. de Carmen Vila, Faustino Pagán Carnero e camiño público.

Leste: propiedades particulares pertencentes a Luis Soto, Carmen Vilas, Luis Soto e Carmen Vilas, Teresa Fernández, Luisa Bravo Carrasco, hros. de Carmen Sierra, Raúl Madarnas, Manuel Carnero e camiño público.

Oeste: propiedades particulares pertencentes a Emilio Docampo Diéguez, Antonio Cagide e Celsa Sousa.

– Monte Nabás, superficie: 48.860 m2.

Lindes:

Norte: propiedades particulares pertencentes a Nieves Bóveda, Carmen Durán, Carmen Vila, José Freixido e Raúl Madarnas.

Sur: propiedades particulares pertencentes a Eloísa Sierra, Teresa Fernández, Antonio Bóveda, Carmen Montero, Manuel Soto, Maruja Pérez e Manuel Baboada.

Leste: propiedades particulares pertencentes a Florento Vila, hros. de Celia Fernández, hros. de Benito Casares e camiño público.

Oeste: propiedades particulares pertencentes a Jaime Soto Durán, Gerardo Soto, José Peña, Justa Ribera, Rosa Soto, hros. de Benito Casares, Antonio Madarnas e Manuel Carnero.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 31 de xullo de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense