Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33616

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 25 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2012.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 123, do 28 de xuño, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 25703, ao final do artigo 5.1 debe engadirse un novo punto co seguinte texto:

«2. Como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración previstos neste artigo, a entidade que alcance a maior puntuación para a realización dunha acción formativa nunha localidade determinada poderá recibir a contía da axuda do orzamento presentado para a realización desta, sen que en ningún caso se poida superar a contía máxima sinalada no anexo II para cada acción formativa e ata alcanzar o crédito establecido no artigo 4 da resolución, nin se poida conceder máis dunha axuda por cada edición do anexo II. En todo caso, para poder ser obxecto de subvención deberán alcanzarse, como mínimo, 35 puntos de valoración, de acordo cos criterios establecidos no artigo 5.1. En caso de empate, a subvención para a realización da acción formativa concederase á entidade con maior puntuación no criterio de valoración establecido no artigo 5.1.f) e, de persistir o empate, á entidade con maior puntuación nos criterios de valoración establecidos no artigo 5.1.a), b), c), d), e) e g) e por este orde».