Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de agosto de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade S-2011/37-P.

A instrutora do expediente sancionador e de reposición da legalidade en materia de costas S-2011/37-P, o día 13 de xullo de 2012 formulou proposta de resolución na que se propón ordenar a María Victoria Iraurgui Leguina que proceda á restitución das cousas e á súa reposición ao estado anterior da comisión da infracción, pola realización de obras consistentes na execución de escaleiras, peche, pozo e casetas, sen autorización, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre no lugar de Monte Cabalo, termo municipal de Vilaboa (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da proposta de resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da proposta de resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística