Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2012/343-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o cal poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Xefatura Territorial da Coruña. Todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: RL 2012/343-1.

Acta inf.: I152012000052911.

Empresa: Puertas Ramón Rama, S.L.

NIF: B15215254.

Enderezo: polígono industrial de Bértoa, parcela C6, 15105 Carballo.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e artigos 59 e 60 do convenio colectivo estatal de industrias da madeira.

Tipificación: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.6 e 40.1.b) do dito texto legal (falta moi grave en grao mínimo).

Proposta de sanción: 6.251 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 27 de xullo de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña