Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2012, da Dirección Xerencia do Hospital Universitario Lucus Augusti, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración sucesiva de filtros para o sistema de climatización do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (MS-HLA1-12-013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (C.H. Xeral-Calde). Rúa Dr. Ulises Romero, nº 1, 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4. Teléfono: 982 29 60 57.

5. Telefax: 982 29 65 92.

6. Correo electrónico: ana.maria.mallo.poy@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-HLA1-12-013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración por prezo unitario de filtros para o sistema de climatización, determinando a contía que se vai subministrar polas necesidades do órgano de contratación.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Domicilio: Dr. Ulises Romero, nº 1.

2. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 42514310-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 160.410,55 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 64.164,22 euros.

Importe total: 75.713,78 euros.

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a indicada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2. Domicilio: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

d) Número previsto de empresas as que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección Xerencia do Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1.

c) Localidade: Lugo, 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 19 de xullo de 2012

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Hospital Universitario Lucus Augusti