Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Juan José Torrón Díaz.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo tramitase o recurso 223/2012 (procedemento abreviado), interposto por Juan José Torrón Díaz contra a Resolución do 4 de abril de 2012, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se desestima o recurso de alzada interposto contra a Resolución do 14 de decembro de 2011, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pola que se desestima a reclamación interposta fronte á resolución pola que se aproba a lista resultante da elección de prazas do concurso-oposición e concurso de traslados 2008-2009 que tivo lugar o 14 de xuño de 2011. (Categoría: celador/a).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos