Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto para a contratación do arrendamento con opción de compra da ampliación da infraestrutura de servidores para esta xerencia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70 % no marco do Proxecto Innova Saúde e Hospital 2050 (AB-ASF1-12-013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (unidade de contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratacion.subministracions.asf@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-12-013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: arrendamento con opción de compra da ampliación da infraestrutura de servidores para a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: ver pregos.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Oferta económica: ata 40 puntos.

– Calidade da oferta técnica no relativo ao Hardware: ata 30 puntos.

– Calidade da oferta técnica no relativo ao Software: ata 15 puntos.

– Calidade do servizo de soporte técnico: ata 5 puntos.

– Período de garantía ofertado: ata 5 puntos.

– Prazo de entrega e instalación dos equipos: ata 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 105.569,36 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 105.315,12 €.

b) IVE: 18.956,88 €.

c) Importe total: 124.272,00 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

A data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do/s adxudicatario/s.

11. Outras informacións: portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos, perfil do contratante: www.sergas.es

Ferrol, 9 de agosto de 2012

P.D. (Orde 28.9.2011; DOG nº 188, do 30 de setembro)
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol