Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente a modificación da planta de xeración de enerxía eléctrica a partir de biogás que Sogama, S.A. posúe en Cerceda (A Coruña).

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data 7 de marzo de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autorizar á empresa Sogama, S.A. a instalación dunha planta de xeración de enerxía eléctrica a partir de biogás no vertedoiro de RSU no concello de Cerceda (A Coruña), aprobar o seu proxecto de execución e incluír esta no réxime especial de produción de enerxía eléctrica.

As características básicas do proxecto de execución foron:

Tres motores de combustión interna de 756 kWe, a 1.500 r.p.m. funcionando con biogás.

Tres alternadores síncronos de 1.010 kVA de potencia, 400 V de tensión de xeración e factor de potencia >0,8.

Centro de transformación de potencia de 3.750 kVA e r/t 0,400/15-20 kV.

Instalacións de protección, mando, sinalización e medida.

Segundo. Con data 1 de abril de 2012 Sogama, S.A. solicitou autorización administrativa para a modificación da planta de xeración de enerxía eléctrica a partir de biogás de referencia.

Terceiro. Con data 20 de febreiro de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 35, e con data 23 de febreiro de 2012 no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 37, a solicitude de autorización administrativa de modificación indicada no antecedente de feito segundo, sen que se presentase alegación algunha. As características fundamentais son as seguintes:

Solicitante: Sogama (Sociedade Galega do Medio Ambiente).

Domicilio social: Morzós, 10-baixo, As Encrobas, CP 15187 Cerceda.

Denominación: repotenciación de planta de biogás Sogama.

Situación: Cerceda.

Características técnicas:

Repotenciación dos tres grupos motor-xerador de biogás, pasando de 756 kWe a 900 kWe, mediante a substitución dos pistóns Triflow, chorros de refrixeración e axustes no acendido.

Instalación dun cuarto grupo motor-xerador Guascor SFGLD560 4/90/55, alternador síncrono Leroy Somer LSA 50 L8 920 kWe, sistema de refrixeración térmica, equipamento de protección e control.

Cuarto. Con data 22 de xuño de 2012, o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña emitiu informe favorable á solicitude de autorización administrativa para a modificación da planta de biogás mencionada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 28 da Lei 54/1997, establece que a construción, explotación, modificación substancial, a transmisión e o peche de instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial estará sometida ao réxime de autorización administrativa previa, que terá carácter regrado, correspondéndolle o seu outorgamento á Administración autonómica.

Segundo. O artigo 28 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, atribúe á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de enerxía.

Terceiro. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede, tendo en conta que na presente petición concorren os supostos de feito e xurídicos contidos nos preceptos legais e regulamentarios citados,

RESOLVO:

Autorizarlle administrativamente a Sogama, S.A. a modificación da planta de xeración de enerxía eléctrica a partir de biogás que posúe en Cerceda (A Coruña), segundo o anteproxecto «Repotenciación dos motoxeradores da planta de xeración eléctrica de Biocerceda e instalación dun cuarto motoxerador», redactado polo enxeñeiro industrial Alfonso Vázquez Varela, colexiado nº 1130 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. Sogama, S.A. presentará ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da presente resolución, o proxecto de execución da modificación autorizada.

Segunda. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do anteproxecto será necesaria a autorización previa desta dirección xeral.

Terceira. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, ou por incumprimento das condicións impostas.

Cuarta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas