Á vista da evolución da implantación do sistema de atención á dependencia na Comunidade Autónoma e das súas dificultades, co obxectivo de avanzar no desenvolvemento da atención e prevención da situación de dependencia, adaptarse aos últimos cambios normativos, consolidar os dereitos das persoas con grao e nivel de dependencia, así como de todas aquelas persoas que xa eran usuarias do Sistema Galego de Servizos Sociais con anterioridade á entrada en vigor da normativa específica en materia de dependencia, e garantir a máxima axilidade e eficacia nos procedementos de valoración da dependencia e da elaboración do programa individual de atención, publicouse, derrogando o anterior decreto, o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro), polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. Así, resultou necesario abordar o seu desenvolvemento normativo, especialmente no que respecta aos requisitos e condicións para cada tipo de servizo e/ou libranza, as intensidades de protección dos servizos, o réxime de compatibilidades entre os servizos e libranzas e os criterios para a xestión das prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobouse a Orde do 2 de xaneiro de 2012, normativa fundamental co obxectivo de alcanzar a plena aplicación na Comunidade Autónoma galega das previsións contidas na propia Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e na súa normativa de desenvolvemento, especialmente nos acordos adoptados no seno do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía Persoal e Atención á Dependencia.
O 14 de xullo de 2012 publícase no BOE o Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade.
Entre as medidas que recolle o real decreto lei, recóllense melloras necesarias para asegurar a sustentabilidade presente e futura do sistema para a autonomía e atención á dependencia e así, entre outras, a través da súa disposición transitoria décima apróbanse as contías máximas das prestacións económicas por coidados no contorno familiar, de asistencia persoal e da prestación vinculada a un servizo, que serán efectivas a partir do 1 de agosto do presente ano.
Tendo en conta a aprobación das novas contías sinaladas, en consecuencia cómpre modificar as disposicións normativas ditadas no seu desenvolvemento. Debido a iso a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, vese afectado na regulación contida no seu artigo 56 «Determinación da contía das libranzas», punto 5, e no seu anexo V «contías máximas das libranzas», polo que se procede a súa modificación.
En virtude do exposto, no exercicio das atribucións conferidas segundo o artigo 38 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público Autonómico de Galicia, así como pola disposición derradeira segunda do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro) polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e polo artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único. Modificación da Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
A Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, queda modificado como segue:
Un. O anexo V «contías máximas da libranza», quedan redactados do seguinte modo:
1. Mentres non se regule regulamentariamente, para as persoas beneficiarias que á entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, o 16 de xullo, tivesen resolución de grao e nivel de dependencia ou resolución do seu programa individual de atención, as contías máximas da libranza serán as seguintes:
Grao e nivel de dependencia |
Libranza vinculada á adquisición de servizos |
Libranza de coidados no contorno |
Libranza de asistente persoal |
Euros/mes |
|||
Contía |
Contía |
Contía |
|
Grao III-nivel 2 |
833,96 € |
442,59 € |
833,96 € |
Grao III-nivel 1 |
625,47 € |
354,43 € |
625,47 € |
Grao II-nivel 2 |
462,18 € |
286,66 € |
- |
Grao II-nivel 1 |
401,20 € |
255,77 € |
- |
Grao I-nivel 2 |
300 € |
153,00 € |
- |
Complemento nivel adicional da C.A. |
|||
Grao III-nivel 2 |
– Contía nivel adicional ata 1.300 € – Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación. |
||
Grao III-nivel 1 |
– Contía nivel adicional ata 1.300 € – Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación. |
||
Grao II-nivel 2 |
– Contía nivel adicional ata 1.300 € – Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación. |
||
Grao II-nivel 1 |
– Contía nivel adicional ata 1.300 € – Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación. |
2. Mentres non se regule regulamentariamente, para as persoas solicitantes que á entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, o 16 de xullo, non tivesen resolución de grao e nivel de dependencia ou non tivesen resolución do seu programa individual de atención, así como para os/as novos/as solicitantes a partir do 16 de xullo, as contías máximas da libranza serán as seguintes:
Grao e nivel de dependencia |
Libranza vinculada á adquisición de servizos |
Libranza de coidados no contorno |
Libranza de asistente persoal |
Euros/mes |
|||
Contía |
Contía |
Contía |
|
Grao III |
715,07 € |
387,64 € |
715,07 € |
Grao II |
426,12 € |
268,79 € |
426,12 € |
Grao I |
300,00 € |
153,00 € |
300,00 € |
Complemento nivel adicional da C.A. |
|||
Grao III |
-Contía nivel adicional ata 1.300 € -Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación. |
||
Grao II |
-Contía nivel adicional ata 1.300 € -Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación. |
3. Estas contías terán efectividade a partir do 1 de agosto do ano 2012.
Disposición transitoria única. Situacións xurídicas preexistentes
Mentres non se regule regulamentariamente, a contía das prestacións económicas de libranzas de coidados no contorno familiar recoñecidas con anterioridade ao 1 de agosto de 2012 poderanse actualizar aplicando a porcentaxe de variación que experimenta a nova contía máxima establecida no artigo único, un, punto 1 desta orde, en relación coa contía vixente ata esta data, excepto que a contía resultante sexa superior á contía máxima establecida nese artigo único, suposto en que se recoñecerá esta última.
Disposición derrogatoria única
Pola presente orde derrógase o artigo 56, no seu punto 5, da Orde do 2 de xaneiro de 2012, pola que se desenvolve o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde
Autorízase a/o titular do órgano de dirección con competencias en materia de dependencia e autonomía persoal para ditar as normas que resulten necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.
Disposición derradeira segunda. Vixencia da norma
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación, con efectos desde o 1 de agosto de 2012, no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2012
P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeneral técnica da Consellería de Traballo e Benestar