Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33174

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2012 pola que se fai público o esgotamento do crédito previsto na Resolución do 2 de abril de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o ano 2012.

Con data do 12 de abril de 2012 foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 70, a Resolución do 2 de abril de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o ano 2012.

Unha vez esgotado, con data do 6 de agosto de 2012, o crédito previsto no artigo 4 da dita resolución, de conformidade co disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, é preciso facelo público e acordar a inadmisión das solicitudes presentadas con posterioridade á dita data.

En virtude do exposto anteriormente, e en uso das atribucións que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Facer público o esgotamento, o 6 de agosto de 2012, do crédito previsto na Resolución do 2 de abril de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o ano 2012 e acordar a inadmisión das solicitudes presentadas con data posterior, todo isto de acordo co disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2012

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración