Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33148

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública sobre declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación toral das construcións dedicadas a almacén de materiais de construción na Esfarrapa.

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Almacenes Rodríguez, S.L. a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total das construcións dedicadas a almacén de materiais de construción, sitos na Esfarrapa, Coristanco (Coristanco). De acordo co proxecto presentado de recoñecemento de actividade para almacén de materiais de construción e en cumprimento do preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, de bases do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente atópase na Secretaría deste concello e pode consultarse nas horas de oficina.

Coristanco, 24 de xullo de 2012

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde