Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33149

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre apertura e funcionamento de laboratorio de análise, diagnóstico, alimentación e aspectos relativos ao ambiente, alimentación e agricultura (expediente 2010/0047).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 2010/0047, tramitado por instancia de Investigación y Proyectos Medioambiente, S.L. (Iproma), para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de laboratorio de análise, diagnóstico, medición e control de aspectos relativos al ambiente, alimentación e agricultura, que se instalará en Ameiro Longo, 17, na parroquia de Sanguiñeda deste municipio. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que teñan por conveniente.

Mos, 25 de xuño de 2012

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo