Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33147

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de información pública sobre a contratación da praza de auxiliar da información, de réxime laboral fixo, convocada mediante concurso-oposición, por consolidación de emprego.

Por Resolución da Alcaldía, do 18 de xuño de 2012, foi aprobada a contratación da praza denominada auxiliar da información, de réxime laboral fixo, a cal se convoca mediante concurso-oposición, por consolidación de emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 122, do 28 de xuño de 2012, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, por consolidación de emprego, dunha praza de auxiliar da información, con corrección de erros publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 132, do 12 de xullo de 2012.

Abegondo, 16 de xullo de 2012

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde