Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33084

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (283/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 283/2010, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o once de xuño de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) desta cidade, os autos número 283/2010, promovidos por instancia de Cándido Lema Mouzo e Eva María Tedín Touriñán, representados polo seu letrado Sr. Pérez López, contra a empresa Mawerpur, S.L., que non comparece no acto do xuízo, e o Fogasa, que tampouco comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando a demanda formulada por Cándido Lema Mouzo e Eva María Tedín Touriñán, representados polo seu letrado Sr. Pérez López, contra a empresa Mawerpur, S.L., que non comparece no acto do xuízo, e o Fogasa, que tampouco comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao Sr. Lema Mouzo a cantidade de 5.849,67 euros e á Sra. Tedín Touriñán, a cantidade de 3.397,67 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que poida ter respecto a tales cantidades segundo o establecido no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (art. 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Mawerpur, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial