Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33083

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (289/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 289/2010, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

Na Coruña o once de xuño de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) desta cidade, os autos número 289/2010, promovidos por instancia de Mario Oreiro Domínguez, representado polo seu letrado Sr. Pérez López, contra a empresa Ferralla Lois, S.L., que non comparece no acto do xuízo, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, considerando a demanda formulada por Mario Oreiro Domínguez, representado polo seu letrado Sr. Pérez López, contra a empresa Ferralla Lois, S.L., que non comparece no acto do xuízo, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao Sr. Oreiro a cantidade de 1.806,60 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Ferralla Lois, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial