Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33016

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo ás seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora:

Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Data:

Os días 19, 20, 26, 27 de outubro e 9, 10, 16, 17, 23, 24 de novembro de 2012.

4. Lugar de celebración:

Estudios Cacumen.

R/ Concepción Arenal, 18-1º.

27004 Lugo.

5. Número de prazas:

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a:

Responsables técnicos de empresas de servizos. Control de pragas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes

Solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa:

Día 19.10.2012

16.00-21.00 h

Introdución. Praguicidas (I).

Día 20.10.2012

10.00-14.00 h

Praguicidas (II).

16.00-20.00 h

Manipulación: formulacións e preparacións.

Día 26.10.2012

16.00-21.00 h

Pragas específicas (I).

Día 27.10.2012

10.00-14.00 h

Pragas específicas (II).

16.00-20.00 h

Pragas específicas (III).

Día 9.11.2012

16.00-21.00 h

Aplicación de rodenticidas. Aplicación de insecticidas e acaricidas.

Día 10.11.2012

10.00-14.00 h

Desinfección. Produtos utilizados. Técnicas de desinfección.

16.00-20.00 h

Aplicación de técnicas de desinfección.

Día 16.11.2012

16.00-19.00 h

Exercicios prácticos.

19.00-21.00 h

Praguicidas e ambiente (I).

Día 17.11.2012

10.00-14.00 h

Praguicidas e ambiente (II).

16.00-20.00 h

Precaucións e normas de seguranza (I).

Día 23.11.2012

16.00-21.00 h

Precaucións e normas de seguranza (II).

Día 24.11.2012

10.00-13.00 h

Exercicios prácticos.

13.00-14.00 h

Proba de avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas: os días 19, 20, 26, 27 de outubro e 9, 10, 16, 17, 23, 24 de novembro de 2012.

Lugar de celebración do curso:

Estudios Cacumen.

R/ Concepción Arenal, 18-1º.

27004 Lugo.

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: os días 19, 26 de outubro, 9 e 23 de novembro das 16.00 ás 21.00 horas, o 20, 27 de outubro, 10, 16, e 17 de novembro das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas, o 24 de novembro das 10.00 ás 14.00 horas.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Estudios Cacumen, r/ Concepción Arenal, 18-1º, 27004 Lugo, teléfono: 982 24 39 44, fax: 982 28 41 61, e-mail: cacumen@cacumenlugo.com

Data límite de presentación de solicitudes: 15 de outubro de 2012.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos

Nome

NIF

Enderezo

Localidade

Teléfono Fax

Empresa