Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33020

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a adxudicación de tres postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal ofertados no concurso ordinario de méritos.

De conformidade co disposto na disposición 12 das bases que rexen a convocatoria do concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal, aprobadas por Resolución do 26 de marzo de 2012 da Dirección Xeral de Administración Local (DOG nº 63, do 30 de marzo), ao abeiro do disposto no artigo 33 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Dar publicidade á resolución do concurso ordinario de méritos, en que se ofertaban os postos de Secretaría-Intervención do Concello de Antas de Ulla (Lugo), Secretaría-Intervención do Concello de Mondoñedo (Lugo) e Secretaría-Intervención do Concello de Vilariño de Conso (Ourense), nos termos recollidos no anexo que se achega.

Segundo. O prazo de toma de posesión no novo destino será de tres días hábiles, se se trata de postos de traballo na mesma localidade, ou dun mes, se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse nos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión dun mes deberá computarse desde a dita publicación. Así acontecerá tamén no caso de que o funcionario non desempeñe ata ese momento a titularidade de ningún posto.

Por necesidades do servizo, mediante acordo dos presidentes das corporacións en que corresponda cesar e tomar posesión, o concursante poderá diferir o cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses, debendo o segundo deles dar conta deste acordo á Dirección Xeral de Administración Local.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 14.2º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2012

P.D. (Orde do 22.9.2011; DOG nº 194, do 10 de outubro)
José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

• Corporación: Concello de Antas de Ulla (Lugo).

Posto adxudicado: Secretaría-Intervención.

Publicación da convocatoria: Resolución do 26 de marzo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 63, do 30 de marzo).

Resolución de adxudicación: Decreto da Alcaldía do 11 de xuño de 2012.

Adxudicatario: Alejandro Martínez Sánchez (nº de rexistro persoal: 44446307/35/A/3015).

Subescala e categoría: secretaría-intervención.

• Corporación: Concello de Mondoñedo (Lugo).

Posto adxudicado: Secretaría-Intervención.

Publicación da convocatoria: Resolución do 26 de marzo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 63, do 30 de marzo).

Resolución de adxudicación: Decreto da Alcaldía do 19 de xuño de 2012.

Adxudicataria: María García Ferro (nº de rexistro persoal: 76824341/68/A/3015).

Subescala e categoría: secretaría-intervención.

• Corporación: Concello de Vilariño de Conso (Ourense).

Posto adxudicado: Secretaría-Intervención.

Publicación da convocatoria: Resolución do 26 de marzo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 63, do 30 de marzo).

Resolución de adxudicación: Decreto da Alcaldía do 14 de xuño de 2012.

Adxudicataria: Ana María Loureiro Silva (nº de rexistro persoal: 76715281/68/A/3015).

Subescala e categoría: secretaría-intervención.