Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32813

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública relativo a unha nave para cebadeiro de xatos.

Miguel Ángel Mouronte Fernández solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación dunha nave para cebadeiro de xatos e fosa de xurro en Cambra, San Xoán do Campo.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, a fin de que durante o mesmo período –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Lugo, 20 de xullo de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo