Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32812

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de información pública relativo a instalación de silos forraxeiros.

Jesús Ferreiro Cabarcos solicitou licenza municipal para a instalación da actividade de silos forraxeiros, sometida a avaliación de incidencia ambiental, para desenvolver no lugar de Rebordelo, da parroquia de Lamas, deste termo municipal, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, polo período de vinte días –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación–, para que todos aqueles que se consideren afectados pola dita actividade poidan examinar o expediente, que se atopa á súa disposición na Secretaría municipal, e formular por escrito reclamacións ou observacións, se o consideran oportuno.

Cospeito, 18 de xullo de 2012

Armando Castosa Alvariño
Alcalde