Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32814

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo de limpeza das instalacións deportivas do pavillón municipal.

Por Decreto da Alcaldía do 19 de xullo de 2012 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 12/12).

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza das instalacións deportivas do pavillón municipal.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 118.000 € (100.000 euros + 18.000 euros en concepto de IVE), cun prazo de execución de dous anos (prorrogable por 20 meses).

5. Garantías: garantía definitiva 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil de contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 19 de xullo de 2012

José Manuel Jacobo Vázquez
Alcalde accidental