Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32815

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública relativo á construción de cortes de vacún.

A Gandería Proas Darriba, S.C. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para construción de cortes de vacún, que se situará na Vila-Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante o mesmo período –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Rodeiro, 3 de agosto de 2012

Luís López Diéguez
Alcalde