Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32753

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1409/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento 1409/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

A Coruña o trece de xuño de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de reforzo desta cidade, os autos número 1409/2009, promovidos por instancia de María Isabel Basteiro Mongui, representada polo seu letrado Sr. Carrajo Soneira, contra as empresas Off Films, S.L., Fluir Ediciones, S.L., Lozano Publicidad, S.L. e Profesional Publications Exhibitions, S.L., que non comparecen no acto do xuízo malia estaren citadas en legal forma, e o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando a demanda formulada por María Isabel Basteiro Mongui, representada polo seu letrado Sr. Carrajo Soneira, contra as empresas Off Films, S.L., Fluir Ediciones, S.L., Lozano Publicidad, S.L. e Profesional Publications Exhibitions, S.L., que non comparecen no acto do xuízo, e o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboar á Sra. Basteiro Mongui a cantidade de 2.885,61 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Off Films, S.L., Fluir Ediciones, S.L., Lozano Publicidad, S.L. e Profesional Publications Exhibitions, S.L. expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial