Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32691

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 23 de xullo de 2012 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Advertido erro na citada orde, publicada no DOG nº 151 do mércores 8 de agosto de 2012, debe facerse a seguinte corrección:

– Na páxina 31753, no anexo I, onde di:

«Denominación do posto: director/a do CAPD.

Código: TR.C99.40.901.36440.001.

Nivel: 25.

Dependencia: Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela).

Localidade: Redondela.

Grupo: A1, A2, C1.

Corpo/escala: funcionario/laboral.

C. espec.: 11.775,82 €.

Adscrición administracións públicas: A15 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas e persoal estatutario do Sergas e persoal laboral da Xunta de Galicia).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego -requisito indispensable-).

Observacións: B18 (complemento salarial de singularidade por penosidade) // Se é persoal laboral grupos: I, II // Complemento singularidade ata importe do subgrupo A1-A2, nivel 25, co límite establecido no Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia».

Debe dicir:

«Denominación do posto: director/a do CAPD.

Código: TR.C99.40.901.36440.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela).

Localidade: Redondela.

Grupo: A1, A2.

Corpo/escala: funcionario/laboral.

C. espec.: 14.604,66 €.

Adscrición administracións públicas: A15 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas e persoal estatutario do Sergas e persoal laboral da Xunta de Galicia).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego -requisito indispensable-).

Observacións: B18 (complemento salarial de singularidade por penosidade) // Se é persoal laboral grupos: I, II // Complemento singularidade ata importe do subgrupo A1-A2, nivel 28B, co límite establecido no Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia».