Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32553

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de información pública sobre aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Tras ser aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Mondariz, por acordo do Pleno de data 28 de xullo de 2012, consonte co artigo 85 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por plazo de dos meses contados desde o seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que formule as alegacións que consideren pertinentes.

De acordo co disposto no artigo 77 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas variacións derivadas das diversas leis que a modifican (en diante LOUG), procédese a acordar a suspensión de licenzas naquelas áreas ou zonas do territorio onde o plan xeral de ordenación que se tramita contén determinacións diferentes ás contidas na ordenación urbanística vixente.

Dado que Mondariz ten planeamento municipal propio (POMR de 1999), a súa ordenación urbanística vén regulada polo citado planeamento, e pola LOUG, coas puntualizacións e excepcións que se establecen nas disposicións transitorias (e principalmente na 1ª) do texto refundido da LOUG, onde se sinalan condicións específicas de interpretación do réxime do solo do planeamento vixente.

As zonas concretas (cando non se indique expresamente algo diferente, entenderanse referidas á clasificación atribuída no PXOM que se está a tramitar) nas cales se deben suspender as licenzas, para que non poidan interferir coa redacción do PXOM, son as seguintes:

a) En todas as zonas afectadas por novos sistemas dotacionais de sistema xeral ou local (equipamentos e espazos libres), segundo o PXOM en calquera clase de solo.

b) Nas parcelas afectadas pola proposta de apertura de vías.

c) Nos ámbitos de solo urbano non consolidado e solo urbanizable delimitados no PXOM.

d) Dentro do solo urbano consolidado e de núcleo rural, naqueles ámbitos onde mude a clasificación de solo entre a do POMR e a do PXOM; en todo caso deberán cumprirse as maiores limitacións en canto a condicións urbanísticas entre unha e outra figura de planeamento para as novas licenzas que se poidan conceder, e poderá permitirse a materialización das que foran outorgadas con anterioridade ao decreto de suspensión nas condicións que a propia licenza fixou.

e) Consideraranse así mesmo suspendidas as licenzas de demolición e edificación nos elementos catalogados polo PXOM (permitíndose as obras de conservación e mantemento).

f) Non se consideran suspendidas as licenzas en solo rústico, deberán cumprirse nas que soliciten, tanto o disposto na LOUG como as maiores restricións en canto a clasificación de solo existentes entre o POMR e o PXOM.

Os actos xenéricos para os que se suspende o outorgamento de licenzas (cando non se especifican exactamente) son os de parcelamento de terreos, edificación e demolición.

Mondariz, 28 de xullo de 2012

Julio Alén Montes
Alcalde