Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32473

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (365/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 365/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mónica M. Cives Soneira contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza do 28.6.2012 cuxa decisión é a seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada por Mónica M. Cives Soneira, con DNI 79330116-B contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 17.2.2012, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral da demandante coa empresa demandada, con efectos a data de hoxe, día 28.6.2012, condenando a dita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que lle aboe á traballadora a suma de 18.364,9 euros, en concepto de indemnización polo despedimento.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531 60) na conta deste xulgado aberta en Banesto; a consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531 34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pavimentos Compavi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial