Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (186/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social nº 1 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamento en xeral 186/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juan Luis Vázquez Lago contra a empresa Bart Pinchos y Tapas, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza do 25.6.2012 cuxa decisión é a seguinte:

Decido.

Que estimando a demanda formulada por Juan Luis Vázquez Lago con DNI 32807042-A contra a empresa Bart Pinchos y Tapas, S.L., cualifico como improcedente o despedimento do 17.1.2012 e declaro extinguida a relación laboral do demandante coa demandada, na data de hoxe 25.6.2012, e condeno a dita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que lle aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios

1.132,16 €

(26,25 días*43,13 €/día)

6.900,8 € (17.1.2012/25.6.2012)

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto; a consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bart Pinchos y Tapas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial