Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1209/11).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1209/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Raquel Leis García contra a empresa Da Costa Ramos Honorio Vinagre Diodo André, Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza do 18 de xuño de 2012 cuxa decisión é a seguinte:

«Decido que estimando a demanda interposta por Raquel Leis García, con DNI 54129012-F contra a empresa Da Costa Ramos Honorio Vinagre Diogo André, debo declarar e declaro que procede e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante 3.592,86 €, cos xuros do artigo 576 LAC.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, e poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Da Costa Ramos Honorio Vinagre Diogo André, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial