Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32479

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1241/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social nº 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1241/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Gómez Pena contra a empresa Distribuidora Industrial Gallega, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza o 25 de xuño de 2012 cuxa decisión é a seguinte:

Decido.

Que estimando a demanda interposta por Pilar Gómez Pena, DNI 33846691-Y contra a empresa Distribuidora Industrial Gallega, S.L., debo declarar e declaro que procede e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante a suma de 20.667,86 €.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciar mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado e que se poderá substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Distribuidora Industrial Gallega, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial