Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32486

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (867/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 867/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Mosquera López contra a empresa Ancora Punto, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de xullo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 867/2010, sendo demandante Lucía Mosquera López, representada polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, e demandada a empresa Ancora Punto, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Lucía Mosquera López contra a empresa Ancora Punto, S.L., e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Lucía Mosquera López a cantidade de 4.252,87 euros, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 % respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de cédula de notificación á empresa Ancora Punto, S.L., e para publicar no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 19 de xullo de 2012

A secretaria xudicial