1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 13/2012.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de hardware (servidores e almacenamento) para o CPD corporativo da Xunta de Galicia.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto deste contrato será de 3 meses contados a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo os equipos que se van subministrar deberán estar instalados, configurados e postos en produción.
A entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación, en Santiago de Compostela.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 760.000,00 € (setecentos sesenta mil euros), mais 136.800,00 € (cento trinta e seis mil oitocentos euros) que corresponden ao IVE (18 %), o que supón un total de 896.800,00 € (oitocentos noventa e seis mil oitocentos euros).
Este proxecto poderá ser financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e nun 20 % co Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17868
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día 4.9.2012.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no Edificio Administrativo San Caetano (luns a sábado das 9.00 ás 14.00 horas).
2. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas:
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 28.3.2012.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 6.8.2012.
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2012
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia